sábado, 12 de noviembre de 2011

IANUS- historia clínica


O desenvolvemento do proxecto IANUS permite integrar nun único sistema informático o historial clínico de cada paciente, independentemente do hospital, centro de saúde ou lugar onde resida. Ademais, este sistema garante o control de acceso ás historiais e a confidencialidade dos datos dos pacientes.

Para consultar esta información, o persoal sanitario tan só debe dispoñer dunha tarxeta de acceso baseada no sistema de firma electrónica, equivalente á convencional. Deste xeito, dende calquera ordenador do Servizo Galego de Saúde poderase consultar o historial médico dun paciente (patoloxías sufridas, cirurxías, citas, alerxias, informes de alta, resultados de laboratorio, imaxes clínicas, prescrición de medicamentos…), evitando así duplicidades de informes ou probas, a perda de documentación clínica, o uso do papel. Este avance informático na información sobre os pacientes axilizará o intercambio de datos entre os distintos centros sanitarios e os profesionais.

Funcionalidades IANUS:







e-receita en IANUS


A receita electrónica (e-receita) permite que o médico prescriba nunha sola vez os fármacos precisos e a duración do tratamento, de xeito que o paciente só ten que acudir á farmacia cada vez que remate un envase para retirar o seguinte.  

e-receita mellora calidade da información sobre a historia terapéutica dos pacientes ao tempo que mellora a seguridade no uso dos medicamentos, facilita tamén o seguimento farmacoterapéutico e a detección de posibles interaccións.


A maiores, este sistema permite evitar os erros de lectura da letra do médico na oficina de farmacia e favorece a eliminación progresiva do uso do papel como soporte. Ademais garante a protección de todos os datos de carácter persoal, de xeito que a información que viaxa da consulta do médico á farmacia a través das redes informáticas sempre está encriptada.





miércoles, 9 de noviembre de 2011

Tarxeta Sanitaria -


A tarxeta sanitaria é o documento que acredita ao titular no Sistema Público de Galicia e o identifica como un único paciente en todos os sistemas de información clínica do Sergas.

Telemedicina

As aplicacións da  telemedicina no campo  médico abarcan diferentes posibilidades, desde o simple envío de informacións de actualización a listas de distribución, ás buscas bibliográficas, pasando por teleconferencias para discutir casos clínicos en sesións interdepartamentais ou en congresos médicos, teleformación a profesionais sanitarios, educación médica a pacientes, monitorización de determinados pacientes nos seus domicilios, hasta a teleconsulta en calquera dos seus aspectos.

En principio na Comunidade Autónoma de Galicia as áreas máis implantadas son a teledermatoloxía e a teleoftamoloxía, 167 y 69 centros respectivamente, aínda que a teleneumoloxía, teleendocrinoloxía, a teleneuroloxía e o radiodiagnóostico tamén están implantadas.

Teleoftamoloxía

O retinografía dixital é unha proba diagnóstica que permite aos facultativos de familia previr a retinopatía diabética, unha enfermidade que supón unha das principais complicacións das persoas con diabetes, posto que afecta á retina e que pode provocar ceguera.


Segundo apuntou a Conselleira de Sanidade, no acto de inauguración da XXXVII reunión anual de la Sociedade Galega de Oftalmoloxía)o impulso da telemedicina  experimentou un “importante incremento” ao longo de 2010, con 4.120 consultas máis que en 2009. En particular, na actualidade existen 69 centros de saúde con servizo de teleoftamoloxía, fronte aos 29 do 2009.

Teledermatoloxía

A teledermatoloxía fai referencia á realización e almacenaxe informático de imaxes dixitais ou fotografías de lesións dermatolóxicas, e o seu posterior envío, utilizando o sistema do correo electrónico ou outro, coa finalidade de que un dermatólogo realice o diagnóstico desas lesións.

O SERGAS (Servizo Gallego de Saúde) prevé que antes de que acabe o 2011 xa se teña implantado a teledermatoloxía no 70% dos centros de saúde da Comunidade. Isto significa unha importante implantación, xa que a finais do ano 2010, tan só o 46% dos centros de saúde a tiñan implantada.

Con esta implantación mellorouse o tempo de resposta para que o doente teña o seu diagnóstico e a capacidade resolutiva Atención Primaria, ao  interactuar o médico de familia do centro de salud co  especialista que está nun hospital.






lunes, 7 de noviembre de 2011

Cita Previa - novas tecnoloxías da información no acceso á atención primaria




 Cita Previa por internet

O servizo de citas por internet do Servizo Galego de Saúde  permite pedir cita para o medico de familia e pediatra e consultar e/ou cancelara a súa próximas citas á través da súa Web < http://www.sergas.es/ >.  É indispensable que teña a mano a tarxeta sanitaria ao obxecto de que cumprimente correctamente os datos necesarios para formalizar a cita.



         Sistema IVR

O Servizo Galego de Saúde está a traballar en novos proxectos que permiten optimizar a accesibilidade dos cidadáns á Atención Primaria e incrementar a absorción da totalidade do número de chamadas nas horas de maior tráfico, evitando o desbordamento dos sistemas de cita personalizada e facilitando aos usuarios o seu tránsito polos procesos asistenciais, dotando a eses procesos de maior axilidade e capacidade resolutiva, de forma que repercutan na menor medida posible na vida persoal e laboral.

Dentro das  iniciativas que abranguen as novas tecnoloxías da información estase a impulsar este Canal del Comunicación (IVR), dispoñible, as 24 horas do día, todos os día do ano, permitindo unha gran absorción de chamadas a calquera hora do día, grazas ao sistema automático de recoñecemento de voz.

Este sistema permite solicitar, neste primeiro momento inicial, a cita previa para o seu médico de familia ou pediatra, segundo o caso, e que se suma aos tradicionais (cita no mostrador, teleopedadora, cita por internet).  Desta forma obtense a cita seguindo os pasos que se indican, por medio de preguntas e respostas. Para identificar o paciente, o sistema solicita a data de nacemento e o nome e apelidos. Unha vez que o identifica, segue un proceso de diálogo para acordar data e hora da cita.