Redes Sociais



Está claro que as novas tecnoloxías e a irrupción nas nosas vidas da comunicación 2.0 esta  a modificar a forma de traballar en moitos sectores.

O propio sector da comunicación non é alleo a estes avances e cada vez máis o uso das redes sociais e as diferentes ferramentas que o mundo virtual pon ao alcance da nosa man volvesen necesarias e case imprescindibles para desenvolver o noso traballo.

O uso das redes sociais permiten chegar aos sectores máis aillados e facilita o intercambio do coñecemento con outros profesionais, mantén actualizado aos profesionais de saúde a parte de contar cunha rede de apoio conformada por profesionais de saúde de distintos países.





Por outra banda tamén temos as redes que están conformadas por doentes que buscan unha opinión máis persoal que proveña doutras persoas que teñan a mesma patoloxía, e sobre todo “apoio emocional”, consellos baseados na vivencia doutros doentes, do seu entorno familiar, en definitiva sentirse apoiados por persoas que comparten a mesma situación.


Non obstante e tal como significou a experta en comunicación e directora da axencia de saúde e comunicación Irene Tato no VII Congreso da Asociación Nacional de Informadores da Saúde (ANIS) o gran valor non e chegar a moitos senón saber escoller con quen queremos estar en contacto para intercambiar mensaxes “gran valor da web 2.0 non é chegar a moitos, senón saber elixir con queremos estar en contacto. 


É importante que a persoa poda comprender con completo entendemento os riscos da rede no manexo da saúde. Ademais tamén emerxen riscos significativos relacionados coa seguridade e privacidade dos usuarios. As veces non somos conscientes do tamaño de audiencia que accede ao contido publicado.



Esa sensación de intimidade que se crea ao estar entre “amigos dixitais no Facebook” moitas veces leva a que publiquemos información que poder resultarnos prexudicial, o polo menos inapropiada.










No hay comentarios:

Publicar un comentario