Saúde en Liña


O teléfono de atención sanitaria 902 400 116 funciona as 24 horas, os 365 días do ano

Todas as chamadas son atendidas, en función do motivo da súa consulta, por médicos/as e enfermeiros/as que responderán as súas dúbidas e facilitarán a información solicitada. 

Neste teléfono atopará información e consellos relacionados coa saúde e coidados asistenciais sobre situacións que non requiran atención sanitaria urxente.







SITUACIÓNS SANITARIAS NON URXENTES.
  • Problemas relacionados con enfermidades/síntomas.
  • Problemas relacionados co embarazo, parto e puerperio.


COIDADOS ASISTENCIAIS.
Información sobre medicamentos.
  • Problemas sobre o manexo de dispositivos implantados: sondas (urinarias,nasogástricas...), dispositivos de diálise, dispositivos de osíxeno, soros...
  • Dúbidas sobre o manexo de aparellos: glicómetro, tensiómetro...
  • Consultas sobre curas.
  • Coidados de pacientes crónicos e puericultura.


PROBAS MÉDICAS.
  • Preparación e interpretación de probas diagnósticas.


PREVENCIÓN E HÁBITOS SAUDABLES.
  • Campañas de Saúde Pública (gripe, vaga de calor...).
  • Vacinación.
  • Métodos anticonceptivos.
  • Consellos aos viaxeiros.
  • Información sobre drogas.
  • Dieta e exercicio físico.


O custo da chamada varía segundo a súa duración e depende do operador co que teñas contratada a túa liña telefónica.

Non obstante, este servizo está conectado a un número telefónico convencional (981 953400), ao que, se prefires, tamén podes chamar para aproveitar as vantaxes da tarifa que teñas contratada coa túa compañía telefónica.
INFORMACIÓN SOBRE CENTROS E SERVIZOS SANITARIOS

documentación recadada da web do sergas