Rede Saúde

En xuño de 2006, o entón presidente da Xunta de Galicia presenta o proxecto Rede Saúde, que ven a reflectir unha aposta decidida polo emprego das tecnoloxías da información na administracións sanitaria galega.
Comezouse a traballar en dous obxectivos: o primeiro foi dotar aos profesionais de ferramentas de traballo que lles axuden a prestar un mellor servizo ao cidadán, así como de ferramentas que lles axuden a compartir coñecementos, fonte indispensable para promover a investigación e a innovación sanitaria.
Mentres que o segundo obxectivo contempla que nun entorno tan disperso como é a da Comunidade Galega, as tecnoloxías deben xogar un papel fundamental para acercar os recursos ao cidadán, facilitando a accesibilidade ao sistema sanitario público de saúde.
Rede Saúde deseña varía liñas de actuación en diferentes ámbitos da xestión e a asistencia sanitaria.